domingo, 21 de diciembre de 2014

Trastorno obsesivo compulsivo (TOC)

 Hoxe vou falar sobre o Trastorno Obsesivo Compulsivo ou TOC, trátase dun trastorno de ansiedade no que o individuo vese "asaltado" todo o tempo por diferentes pensamentos intrusivos, recurrentes e repetitivos que producen dende preocupación ata verdadeiras situacións de ansiedade ou terror.

 Para entender a enfermidade só hai que comprender o seu nome, da parte obsesiva surxen esas ideas ou pensamentos inintencionados que absorven a mente do enfermo e, inda que este tente non prestárlles atención, lévano á segunda parte do nome, compulsivo.

 As compulsións son actividades ou accións repetitivas, sempre feitas do mesmo modo. Estas accións non evitan a causa da obsesión senon que reducen a ansiedade producida pola mesma. Por exemplo, verificar 20 veces que a porta está pechada non significa que vaia impedir que entren ladróns.

 Moitas veces o enfermo experimenta sensacións de culpa e malestar xa que, inda que nun principio tenta non ceder as súas obsesións, acaba por repetir a acción en concreto e entra de novo nun círculo vicioso. Chegado este punto é moi importante a opinión da familia ao respecto, normalmente divídese en duas posicións, a negación do evidente problema do individuo ou o enfado, xa que a persoa non é capaz de evitar os seus tics.

 Existen diferentes tipos de TOCs dependendo das súas obesións-compulsións, dende lavadores, obsesionados coa idea do contaxio e os xermes, pasando por preguntadores compulsivos, sinten a necesidade de preguntar a si mesmos e aos demais por todo por nimio que sexa, ou numerales, obsesionados coa idea de relacións entre números, pasan días sumándoos e cambiando cifras ata que acadan un número significativo para eles.

  As causas do TOC inda non estan determinadas, barallándose opcións como problemas psicolóxicos ou cambios na morfoloxía cerebral. O tratamento pode ser farmacolóxico ou psicolóxico, enfrontándose neste último ás causas da súa obsesión de forma imaxinaria ou directa.

  No seguinte vídeo o enfermo de TOC Neil Hilborn fai unha reflexión en forma de poema de este trastorno, podemos ver reflexados na súa actuación algúns dos tics que presenta un individuo con este trastorno: 





 Podédes ler máis sobre esta enfermidade facendo click aquí

No hay comentarios:

Publicar un comentario