lunes, 15 de diciembre de 2014

Hodor, Xogo de tronos e a afasia de Broca.

  Na segunda entrada que colguei neste blog faleivos da acondroplasia e a sua relación con "Xogo de tronos"... pois as relacións entre esta gran saga e o tema do noso blog non se limitan ao persoaxe de Tyron Lannister. Se lestes os libros ou mirastes a serie ( Non hai spoilers neste artigo tranquilos) saberedes quen é Hodor, un dos poucos personaxes aos que George R.R. Martin semella ter un pouco de cariño, xigante de pelo loiro que só pode pronunciar a palabra Hodor, inda que en realidade chámase Walter como conta a vella Tata.

  Aquí entramos nos, por que Walter só pode dicir Hodor ? Pois, como xa poderedes deducir, débese a un trastorno chamado afasia de Broca ou afasia motora. Trátase dunha enfermidade neurolóxica debida a danos producidos na área cerebral de broca, zona frontal esquerda, que manexa articulación, procesamento e comprensión de palabras, isto pode producirse por un forte golpe na cabeza, tumores...

  Esta enfermidade caracterízase porque o individuo non é capaz de reproducir oracións complexas, inda que non ten diminuida a sua intelixencia. Esta enfermidade foi descrita no século XIX polo médico francés Paul Broca, de onde recibe o seu nome. Broca realizou este descubremento ao achar danos no lóbulo frontal esquerdo do cerebro mentres realizaba a autopsia dun home ao que chamaban Tan, xa que, como Walter, non era capaz de dicir calquer outra palabra. Tamén poden atoparse alteradas a lectura (alexia) ou a escritura (agrafía), cousa que sería ben difícil de comprobar co nivel de alfabetización de "Xogo de tronos".

  No seguinte vídeo podedes ver a un home que sufre afasia de Broca e, inda que non pode crear frases nin oracións, a entonación da súa única palabra e a mesma que se estivese falando de maneira normal, o que exemplifica o concepto de intelixencia e comprensión de ideas normais dos afectados.



  Para os que non estén ao tanto, Kritian Nairn, actor que da vida a Hodor, non ten ningún tipo de trastorno, só e moi bo actor :)

No hay comentarios:

Publicar un comentario